Éxito dos xogadores do CB Thebes&Reale A Estrada na 7ª proba do Circuíto Nacional de Bádminton de Alicante, lograron tres títulos e dous subcampionatos

Imprimir

O 4 e 5 de xaneiro de 2010 a celebro no Polideportivo Florida - Babel de Alicante a 7ª proba do Circuíto Nacional de Bádminton sub-15/sub-17 con participación galega. Un total de 8 xogadores do CB Thebes&Reale A Estrada tomaron parte nesta proba. Os xogadores galegos do Cb Thebes&Reale A Estrada participantes foron:

Categoría sub-15: Nerea Gestoso, Ana Reino, Pablo Sanmartin, Xoel Liñares, Alejandro Nogueira e José Manuel Padin.
Categoría sub-17: Jesús Pereiro e Diego Otero.

De rotundo éxito pódese catalogar a participación galega en Alicante ao lograr tres títulos e dous subcampionatos na categoría sub-15 con presenza nas cinco finais.

Estes foron os resultados máis destacados dos xogadores do CB Thebes&Reale A Estrada:

Categoría sub-15:
Individual masculino: Titulo para Pablo Sanmartin que derroto na final a Enrique Peñalver (CB Oviedo) por 21-17 e 21-11. Foron terceiros Xoel Liñares e José Manuel Padin.
Individual feminino: Ana Reino perdeu a final ante a catalá Branca Lucas do CB Granollers por 13-21 e 8-21.
Dobres masculino: triunfo de Xoel Liñares/Pablo Sanmartin sobre os xogadores do CB Pitius de Baleares Vicent Rese/Adrian Yeste por 21-12 e 21-13.
Dobres feminino: Ana Reino/Nerea Gestoso perderon ante a catalás Ariadna Gallardo/Branca Lucas do CB Granollers por 18-21 e 19-21.
Dobres Mixtos: triunfo de Nerea Gestoso/José Manuel Padín ante os xogadores do CB Albacete Branca Cruzado/Matias Gómez por 21-17 e 21-9.

Por último na categoría sub-17 a parella formada por Jesús Pereiro/Diego Otero lograban o terceiro posto en dobres masculino.

A oitava proba do Circuíto Nacional de Bádminton sub-15/sub 17 terá lugar en As Neves o próximo 16 e 17 de xaneiro de 2010.