Cabecera Vide

Os infantís de Trasnos Béisbol Club Campeones de Liga Galega 2014

trasnosEsta fin de semana celebrouse en Vigo a 2ª fase de Liga Galega de Béisbol Infantil 2014. Os equipos do club, os Black e os Grey, contaban con moitas posibilidades de conseguir o título de liga, posto ambos os dous chegaban invictos da 1ª fase en Coruña o pasado 6 de setembro.

No primeiro partido da mañá o equipo vigués dos Black Trasnos desfíxose de Cambre por un marcador de 13 a 0 na 4ª entrada. Destacamos o bo xogo de todo o equipo e en especial dos lanzadores Álvaro Troncoso e Anxelo Álvarez que pechou o partido con 3 K e deu Hum Run con corredor en 2ª base.

Con esta vitoria dos Black, o seguinte partido convertíase na final de liga, enfrontando os 2 equipos vigueses do club Trasnos.

Os Grey colleron vantaxe de 2 carreiras na 1ª mentres os Black fabricaban a súa 1ª carreira na 3ª con Home Run de Itamar Ayala. Na 4ª entrada outro hit de Itamar conseguía poñer o empate traendo ao corredor de 3ª para empatar o partido. Chegábase ao extrainning con empate a 2 carreiras. Un hit de Javier Fariña impulsou a carreira da vitoria para os Black.

Pola súa parte os equipos de Coruña Tilos e Cambre enfrontáronse polo 3er e 4º posto, gañando os de Cambre por 9 carreiras a 0. Os Leóns de Santiago quedaron en 5º lugar.