Abel Caballero e Manel Fernández felicitan á Federación Galega de Judo polo Gran Premio Cidade de Vigo do sábado en Navia e pola súa "acción co deporte de base"

judoPor vez primeira dende que é Supercopa, o Gran Premio Internacional Cidade de Vigo de judo verá en Navia a máis de trescentos deportistas de cinco países (España, Portugal, Alemaña Suecia e Italia) e de dezaséis comunidades autónomas. O alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, aplaudiron onte o traballo da Federación Galega de Judo "por este Gran Premio, pero tamén pola acción que fai no deporte de base".

Ata 322 judokas (114 mulleres) de idades entre os 14 e 16 anos competirán no Multiusos de Navia, sede do evento dende 2011, este sábado pola Supercopa de España cadete de judo.

Os participantes chegan dende este xoves, que aterra o seleccionado xermano. Galicia presenta a setenta deportistas, dos casi doce serán de clubs da cidade, once do Famu e un do Galicia Sur.

Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, agradeceu o apoio do Concello de Vigo, representado na rolda de prensa polo propio alcalde e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e asegurou que o evento está "consolidado" (é a edición número dezanove) e que "é a proba máis importante da categoría cadete a nivel nacional, e este ano ten acadado o seu máximo exponente con esta participación".

Os pesos previstos serán oito para categoría feminina (-40 quilos, -44, -48, -52, -57, -63, -70 e +70) e outros tantos para a masculina (-50, -55, -60, -66, -73, -81, -90 e +90), seguindo o formato de competición do Campionato do Mundo.

Dende 2010, o evento é de carácter internacional, antes senior, está adicado á categoría cadete. O espectáculo está o sábado en Navia, con seis tatamis ao tempo no pavillón e combates de tres minutos. As finais, ás 16:00 horas.