Teucro vs Octavio, máxima igualdade no derbi esta fin de semana

Volve a competición na División de Honra Prata do balonmán español. Tras o parón desta pasada fin de semana con motivo da disputa da primeira rolda eliminatoria da Copa do Rei, a liga volve do mellor xeito posible para os equipos da nosa provincia. Este sábado, ás 20:00 horas, o Academia Octavio visitará a la SD Teucro no Pavillón Municipal de Pontevedra.

 

O Academia Octavio chega ao derbi galego como cuarto clasificado en la DH Prata, con dúas vitorias (contra o FC Barcelona B e Zumosol ARS Palma do Río) e unha derrota (Bm. Alcobendas); mentres que o SD Teucro é líder da categoría con pleno de vitorias en tres xornadas disputadas.

O Academia Octavio e o SD Teucro, dous dos históricos do balonmán español, enfrontáronse nos últimos dez anos en doce ocasións, catro en ASOBAL e oito en Div. Honra Prata.

Nestes doce enfrontamentos, as estatísticas reflicten a igualdade que sempre tiveron estes partidos. Dez anos, doce derbis, cinco vitorias do Academia Octavio, cinco de la SD Teucro e dous empates.

E a maior diferenza de goles nun partido, foi de sete (Pilotes Posada 37-30 SD Teucro Ence, tempada 08-09, ASOBAL).

Resultados dos choques dos últimos dez anos:

pdf Tabla (61.99 kB)