Cabecera Vide

El Olivo enfróntase ao Victoria

Este domingo as rapazas de El Olivo viaxan a Coruña para enfrontarse ao Victoria CF, segundo clasificado e aínda imbatido. As coruñesas son un equipo forte onde xogan esta tempada tres ex xogadoras do club vigués e outras tantas do Friol que, por motivos de estudios, teñen que residir na cidade herculina,  polo tanto coñecen ben ao conxunto olívico e será un partido difícil e duro. O Victoria esta tempada é un firme aspirante ao campionato. Juan Carlos García "Charlie" ten este partido dúas baixas moi importantes, a da veterana Loreto, con problemas estomacais, e a baixa de Ceci. A dianteira está hospitalizada no Sanatorio Perpetuo Socorro, despois de sufrir un esvaecemento no adestramento do mércores.