IMG_1420rO pasado sábado 11 de outubro do 2014 o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia participou na actividade "Básket Solidario" organizada por Cooperación Internacional. Dita actividade á que foi convidada a entidade viguesa consistiu na disputa dun partido no Centro Penitenciario A Lama.

Un combinado de xogadores do equipo Sénior Masculino de 1ª División e do grupo Sénior Masculino de 3ª División do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia participaron nesta actividade que pretendeu dar a coñecer de primeira man unha realidade próxima pero pouco coñecida.

Por primeira vez desde que se está a realizar a actividade mesturáronse os dous equipos, formando deste xeito dous combinados integrados ambos polos reclusos e os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia. O partido foi moi igualado e competitivo; e a experiencia foi para todos moi enriquecedora rematando cunha pequena charla entre tódolos participantes no encontro.