Mañá sábado da comezo a tempada 2014/15 da Superliga Feminina 2 de voleibol. O Xuvenil de Teis vai presentar ao seu novo patrocinador, Secreto Galaico, marca de produtos galegos. Desta forma, a nova denominación do equipo vigués para a competicón será Secreto Galaico Xuvenil Teis.

A xornada comezará as 16:00 horas coa presentación de todas as categorías do club coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e do concelleiro de Deportes e presidente de VIDEManel Fernández. Durante a presentación realizaranse sorteos de regalos cedidos polo novo patrocinador para a Superliga2, Secreto Galaico, e polos patrocinadores das categorías inferiores: Hyundai e la Pulpería Tres Puertas. A celebración contará coa presenza do actor Rubén Rios.

Tras a festa chegará a parte máis seria, a disputa do primeiro partido de Liga a partir das 18:15 horas. O club vigués enfrontarase ao Feel Volley Alcobendas, coa esperanza de mostrar a súa mellor cara e conseguir a primeira vitoria da tempada.