Cabecera Vide

Esgotados os abonos para a Supercopa de fútbol sala

recepcionsupercopaO Concello de Vigo ofreceu hoxe unha recepción oficial aos equipos participantes na Supercopa (Inter Movistar, ElPozo Murcia, Xacobeo 2010 Lobelle e FC Barcelona) e aos representantes da Liga Nacional de Fútbol Sala. A Supercopa xógase en Vigo hoxe xoves e mañá venres, no pavillón das Travesas.

No acto, Santi Domínguez, tenente de alcalde, anunciou que os mil abonos para as dúas xornadas postos á venda esta semana esgotáronse e que se espera un gran ambiente. O tenente de alcalde lembrou que a aposta de Tenencia e da Concellería de Deportes “amosou que estábamos acertados”, en referencia á expectación e a cobertura mediática que está teniendo Vigo estes días e que supón imaxe para a cidade. “Estabamos acertados, Vigo é unha cidade con gran tradición de grandes eventos”, sinalou. Domínguez Olveira recoñeceu ante o presidente da Liga, Javier Lozano, que “o noso favorito é o equipo galego”, aínda que desexou sorte a todos e felicitou ao departamento de Deportes do Concello e ao Coruxo FC, “o noso equipo máis representativo en fútbol sala”, polo traballo organizativo.

O concelleiro de Deportes, pola súa banda, deu a benvida “á familia do fútbol sala” e sinalou que “Vigo acolle un espectáculo extraordinario”. Javier Lozano, presidente da LNFS”, recoñeceu que este evento, da que el proclama “nova Liga, ten unha posta en escena acorde co que queremos”, e pediu que agora “sexan os clubs valentes. Queremos unha Liga con moito atrevemento”, concluíu, a imaxe e semellanza do esforzo humano e técnico que se investiu nesta Supercopa.

O acto rematou cunha entrea de agasallos e a tradicional foto de familia xunto á fermosa copa en xogo nesta vigésima edición da Supercopa Vigo 2010.