Cabecera Vide

Entradas esgotadas para a final

supercopaxogadaoresAo mediodía de hoxe venres esgotáronse as entradas postas á venda no despacho de billetes das Travesas para o encontro decisivo da Supercopa de España de fútbol sala. A taquillaxe posta á venda esgotouse en trinta minutos e o cheo absoluto está asegurado para o choque que xogarán esta noite (21:00 horas) o Xacobeo 2010 Lobelle santiagués e o ElPozo Murcia Turística.

As Travesas ten unha capacidade de 3.300 espectadores sentados e calcúlase que serán 3.500 persoas as que acudan, como na segunda semifinal de onte. A demanda de localidades dende Santiago foi enorme esta mañá e a organización recomendou ao Lobelle que todo o afeccionado que viaxe dende a capital o faga coa súa entrada, porque as localidades están esgotadas.