Nova vitoria do Magope Seis do Nadal-Coia, esta vez na casa ante o E.D. Poio Artai (37-22). Os de Coia non tiveron problemas para vencer os de Poio gañando con comodidade o que os fai seguir á fronte da táboa de clasificación. A próxima xornada desprazaranse a Lalín para enfrontarse ao Embutidos Lalinense, o encontro será sábado 18 de outubro ás 18 h.

 

Avultada vitoria do Teucro ante o Academia Octavio o pasado sábado no pavillón municipal de Pontevedra. Os locais demostraron o seu poderío dende o minuto número 12 e non tiveron piedade. A pesar da superioridade pontevedresa os vigueses loitaron ata o final. A próxima xornada os de Jabato reciben ao Interestar Deporte Maristas Algemesi. O encontro será o domingo día 19 de outubro, ás 12 h. no pavillón de Travesas.

 

O Amfiv sacouse os nervios da estrea da tempada do mellor xeito posible, cun claro triunfo na cancha dun recén ascendido como o Cludemi, ao que os vigueses mostraron que deben mellorar moito se quere continuar a próxima campaña na máxima categoría nacional. O conxunto de César Iglesias dominó de principio a fin un partido no que os locais unicamente aproveitaron un momento de desconcerto visitante no segundo cuarto para evitar unha derrota aínda máis avultada.

 

As viguesas caeron derrotadas ante o moi superior Universitario de Ferrol por 69-41, na semifinal da Copa Galicia de baloncesto feminino, celebrada o pasado venres no pavillón de Esteiro. Cumpríronse as expectativas, e o Celta Selmark non foi capaz de dar a sorpresa. O próximo compromiso das de Carlos Colinas será o venres, en Vilagarcía, en partido amigable ante o Portomar Cortegada.

 

crossMil trescentos atletas, nacidos entre 1999 e 2011 (dende os 3 aos 15 anos de idade), inundarán este domingo de zapatillas deportivas Castrelos a partires das 10:00 horas. Será o momento para a participación "dun número moi significativo de rapaces e rapazas", sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, na presentación do evento no Concello.