Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Este domingo as rapazas de El Olivo viaxan a Coruña para enfrontarse ao Victoria CF, segundo clasificado e aínda imbatido. As coruñesas son un equipo forte onde xogan esta tempada tres ex xogadoras do club vigués e outras tantas do Friol que, por motivos de estudios, teñen que residir na cidade herculina,  polo tanto coñecen ben ao conxunto olívico e será un partido difícil e duro. O Victoria esta tempada é un firme aspirante ao campionato. Juan Carlos García "Charlie" ten este partido dúas baixas moi importantes, a da veterana Loreto, con problemas estomacais, e a baixa de Ceci. A dianteira está hospitalizada no Sanatorio Perpetuo Socorro, despois de sufrir un esvaecemento no adestramento do mércores.

 

caballeroO alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu a Semana do Atlántico Cidade de Vigo-XXXIX Trofeo Martín Barreiro, como un evento de "Vigo en estado puro, do Vigo da navegación, da vela, de Ría, do Real Club Náutico e do seu traballo inestimable". O xefe do goberno municipal realizou estas declaracións durante a presentación do evento nos salóns da centenaria sociedade, onde estivo acompañado polo concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, e doutras autoridades.

 

Volve a competición na División de Honra Prata do balonmán español. Tras o parón desta pasada fin de semana con motivo da disputa da primeira rolda eliminatoria da Copa do Rei, a liga volve do mellor xeito posible para os equipos da nosa provincia. Este sábado, ás 20:00 horas, o Academia Octavio visitará a la SD Teucro no Pavillón Municipal de Pontevedra.

 

amfiv_medicoO americano Savoy Brown e o ferrolano José Manuel Teijido foron os últimos en pasar polas instalacións do Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima para cumprir cun trámite habitual dende fai xa varias campañas no conxunto vigués, as revisións médicas. Dende fai xa varias semanas, os xogadores do Amfiv foron pasando por o centro hospitalario vigués para someterse a un completo e exhaustivo exame para coñecer o seu estado de forma e saber se todos eles están aptos ou non para unha práctica deportiva tan esixente como o baloncesto en cadeira de rodas.

 

MiguelMiguel Martínez Larrea, coordinador de voleibol do Campus Polideportivo VIDE, substitúe a Javier Álvarez Salgado como delegado federativo vigués. Miguel iniciouse no atletismo nos anos 60 no seu país de orixe, Chile. Exerceu tamén como xuíz en Arxentina, onde fichou por la Agrupación Atlética Aconcagua e colaborou coa federación en Jalisco (México) como técnico. Nos últimos 11 anos realizou labores de xuíz no Comité Galego e foi presidente deste colectivo en Vigo nas dúas últimas tempadas. O chileno ademais é entrenador de voleibol no Xuvenil de Teis e exerce de segundo no equipo de Superliga 2.  O noso máis sincero parabén.