movisaNo concesionario de Movisa, grazas á amabilidade do seu xerente, Juan Luis Carro, dous xogadores académicos, Novica Rudovic, lateral esquerdo, e Josep Masachs, extremo dereito, pousaron primeiro cunha moto Derbi de 125 e 50 c.c. e despois en dúas da firma Vespa.

 

O marroquí Hassan Lekhili (Ourense Academia Postal) e a canguesa María Jesús Gestido (Playas de Jandía) foron os vencedores da primeira edición do medio maratón Cidade de Vigo, con saída e final no Náutico e que concluíron 342 atletas, vinte deles mulleres. A proba, que comezou cun pequeno atraso por un fallo da pistola coa que o xuíz daba a saída, tivo o respecto da choiva, que só asomou entre o final da carreira e a áxil entrega de premios. Organizada pola empresa Prime Time coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a cronometraxe de Cronotec e o patrocinio de Ibercaja e da Concellería de Deportes, entre outras firmas, a carreira confirmou as expectativas de participación e, sobre todo, que para os atletas o percorrido chairo permitiralles facer boas marcas.

 

mulleresnocumioEra a súa quenda ou, polo menos, o momento dunha representación das mulleres que están a levar o deporte de Vigo a posicións elevadas. A Fundación Vigo en Deporte apóiaas dende catro accións, dúas directas e outras dúas indirectas.

 

tenisTras superar as dúas primeiras eliminatorias, o equipo feminino de tenis do C.D. Universidade de Vigo perdeu a final disputada en Gran Canaria contra o C.T. Tafira-os Toscanes polo global de 4 a 0.

 

crossescolardiciembre09A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, Secretaria Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade e a Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor, pon en marcha a undécima edición do Cross Escolar "Do Val Miñor 2009" carreira que se desenvolverá o día 13 de DECEMBRO no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabaris, Baiona.