taekwondouvigoA Universidade de Vigo presentará o mellor equipo da súa historia na primeira edición dos Campionatos de Europa universitarios de taekwondo, que se disputará na cidade portuguesa de Braga do 10 ao 12 de decembro.

 

taekwondovigo7Raúl Bouzas, do Olimpic Vilagarcía (-72 quilos, peso lixeiro) cualificou a final como moi axustada. “Era un holandés moi duro que sabía o que facía e púxomo moi difícil ata os últimos 25 segundos”. “O meu secreto foi a tranquilidade, iso é o fundamental”. “Foi incribe, disfrutei todos os combates. Había un ambiente fantástico e penso que este campionato fará que o taekwondo acade un maior recoñecemento”. 

 

taekwondo6A selección turca gañou por equipos nacionais o medallero destes primeiros Campionatos de Europa sub 21, ao alcanzar seis medallas de ouro, dous de prata e catro de bronce, conseguindo un total de 52 puntos. E iso que o equipo nacional otomano decepcionou na xornada final ao alcanzar unicamente unha final, a do peso medio ( -84 quilos), na que o ruso Aydemir Shakhbanov varreu o turco (10-5).

 

taekwondovigo5A disputa en Vigo destes Europeos serviu tanto á Fundación Vigo en Deporte (VIDE) como á propia Concellería de Deportes para tomar “boa nota” das necesidades loxísticas dun evento deste calibre, moi similar en número de participantes (uns 400) aos que acudirán do 29 de xuño ao 4 de xullo de 2010 aos XI Campionatos do Mundo universitario masculinos e femininos, tamén no pavillón central das Travesas.

 

taekwondovigo4España rebañou dous oros máis en categoría feminina grazas á catalá Zaira Rivera ( -51 quilos, peso mosca) e á madrileña Sandra Lorenzo ( -72 quilos, medio), aínda que novamente quedou con certo sabor agridoce. Ademais, a galega Lara Ouviña ( -59, pluma) despediuse en cuartos ante a campioa, a italiana Zocco.