Portugal (“os nossos irmãos”) vai participar nos Campionatos de Europa sub 21 coa maior comitiva de sempre num campionato continental. A Federação Portuguesa de Taekwondo confirmou a lista e amosa esperanza dun “bo resultado” pola traxectoria dalguns deportistas nas competicións de Clase "A" e os Europeos. Haberá dezaseis taekwondistas (oito homes e oito mulleres), dos cales seis son da asociación de Braga (Associação de Taekwondo Koryo).  

 

A primeira edición dos Campionatos de Europa sub 21 ofrecerá nas Travesas a presenza dos mellores taekwondistas do momento na súa idade e tamén en categoría junior. Tras os Europeos de Trelleborg para idade junior (maio) e os Mundiais absolutos de Copenhague (outubro), Vigo atópase agora cun evento novo no que un puñado de deportistas quere seguir a festa e pechar 2009 no alto do podio. Así, da cita danesa chegan polo menos cinco taekwondistas en disposición de facer algo grande, e un deles como ouro absoluto; e dos Campionatos de Europa na cidade sueca inscribíronse para o coliseo vigués sete campións continentais.

 

O Europeo de Taekwondo estase a celebrar no Pavillón de As Travesas do venres 6 ao domingo 8 de novembro en horario de 9-14 h. e de 16-20 h. Estos son os horarios da competición:

 

arbitroO Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto oferta o mes de novembro dúas novas oportunidades de entrar en contacto co mundo da arbitraxe. A través de dous cursos,  tanto para árbitros como para oficiais de mesa, o organismo federativo permitiralle, a todos os interesados, obter de balde unha óptima formación nestas áreas.

 

athanassiosO taekwondo continental citarase un día antes do Europeo sub 21 en Vigo para tratar diversos asuntos de importancia na Asemblea Xeral da Unión Europea de Taekwondo (ETU). Vigo será a capital desta arte marcial, que hoxe, xoves, día 5 na Casa do Deporte de Vigo (14.30 horas) debaterá durante tres horas sobre unha orde do día moi completa.