Colaboradores
- Detalles
Por vez primeira dende que é Supercopa, o Gran Premio Internacional Cidade de Vigo de judo verá en Navia a máis de trescentos deportistas de cinco países (España, Portugal, Alemaña Suecia e Italia) e de dezaséis comunidades autónomas. O alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, aplaudiron onte o traballo da Federación Galega de Judo "por este Gran Premio, pero tamén pola acción que fai no deporte de base".
- Detalles
Victoria do Vigo Voleibol no encontro de pretempada, disputado no pavillón de Coia, ante o portugués Club Voleibol Viana por 3-2. Xogáronse cinco set e o último, que se disputa a quince puntos, non rematou ata o 21-19. Os parciais do encontro foron 24-26, 25-20, 20-25, 25-17 e 21-19. Vitoria moi meritoria dos rapaces de Touza, a pesar das baixas coas que chegaron ao choque.
- Detalles
Esta fin de semana celebrouse en Vigo a 2ª fase de Liga Galega de Béisbol Infantil 2014. Os equipos do club, os Black e os Grey, contaban con moitas posibilidades de conseguir o título de liga, posto ambos os dous chegaban invictos da 1ª fase en Coruña o pasado 6 de setembro.
- Detalles
A Copa Galicia de voleibol feminino 2014 xa coñece ao seu campión. O pasado domingo o pavillón de Lugo acolleu a competición, que sobre as 17.00 horas abría a última xornada. A Copa estaba máis clara neste apartado, co Emevé por diante tras bater os seus contrincantes, Xuvenil de Teis e Fisiomás Zalaeta, nas concentracións previas.
- Detalles
O pasada fin de semana o Celta Selmark clasificouse como segundo do seu grupo, para a fase final da Copa Galicia de baloncesto, tras caer derrotado en Lugo ante o Durán Maquinaria Ensino (61-51). As de Carlos Colinas enfrontaranse con toda probabilidade nas semifinais do torneo ao Universitario de Ferrol, que exercerá de anfitrión os próximos 10 e 11 de outubro.