Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

martin_de_la_puenteMartín de la Puente, deportista do RC Náutico de Vigo, conquistou o Masters de Picardie de tenis en cadeira de rodas, tanto a nivel individual coma dobres júnior, celebrado a pasada fin de semana nas localidades francesas de Rue e Le Crotoy. Martín, de 15 anos, número tres do mundo en categoría junior e actual campión de España, conquistou o devandito torneo por terceira vez consecutiva. O Masters reuniu once xogadores júniors de seis países, con dous Top Ten (da Ponte e Ian Payne, cabeza de serie número 2) entre eles.

 

Goleada cómoda no Municipal Pahíño. Enfrontábanse as rapazas de El Olivo ante o Orzán S.D. (5-3). As viguesas resolveron na primeira metade e conseguiron a terceira vitoria consecutiva, o que lles coloca con nove puntos, na terceira posición da táboa de clasificación do Grupo 1 da Segunda División de fútbol feminino. A próxima xornada enfrontarase ao Victoria C.F. a domicilio, o encontro será o domingo, 12 de outubro.

 

diego_dolanO Blusens Universidade de Vigo levou onte en As Lagoas Marcosende a primeira vitoria da tempada, ao vencer ao FC Barcelona por un axustado 22 a 20, nun partido áspero no que o equipo vigués empezou gañando con facilidade, pero que ao final do partido debeu remontar.

 

Superioridade do Magope Seis do Nadal-Coia, no pavillón de Lavadores, ante Las Cinco Jotas no primeiro derbi vigués da tempada (23-35). Os de Coia seguen líderes da clasificación. Esta fin de semanana, a cuarta xornada da 1ª Estatal masculina,   o Magope recibe ao E.D. Poio Artai. O encontro será o sábado 11 de outubro, ás 18.30 h., no pavillón de Coia. Las Cinco Jotas UB Lavadores enfróntase ao Luceiros a domicilio. O encontro xogarase o domingo, 12 de outubro.

 

amfivO conxunto vigués disputou o sábado en Valladolid ante o Fundación Grupo Norte o seu primeiro e único compromiso na pretempada antes de que o próximo sábado, día 11 de outubro, inicie unha nova campaña na máxima categoría visitando ao recén ascendido Cludemi Almería.