balonmanoLas Cinco Jotas UB Lavadores e Magope Seis do Nadal-Coia, enfrontaranse este sábado, a partir das 18.30 h, no pavillón de Lavadores, na terceira xornada da Primeira Estatal masculina de balonmán. Os dous equipos vigueses levan sorte dispar neste inicio de tempada, os locais veñen de perder as dúas primeiras xornadas de Liga ante Vitaldent Pontevedra e Artabro Novo Mesoiro, mentres que os de Coia venceron ao Granitos Ibéricos Carballal e SAR Plastic Omnium. Emonionante encontro onde se espera que as dúas afecciones gozen do balonmán da nosa cidade.

 

xuvenilVolve a emoción das finais coperas, e nesta ocasión por "partida tripla", xa que ademais do campión de Copa Galicia, se decidirán esta fin de semana tamén os gañadores de la I Edición de Copa Federación e Copa Promesas.

 

vigoexogoCaballero subliñou que case 3.000 xogadores de 228 equipos competirán esta tempada 2014/15 nalgunha das modalidades deportivas desta nova edición de Vigo en Xogo: fútbol 7, fútbol sala e baloncesto. O rexedor amosou o seu "recoñecemento" á organización e participantes polo seu "esforzo e entusiasmo" ao longo de todo o ano.

 

O Celta Selmark clasificouse onte para a fase final da Copa Galicia tras derrotar ao Pavillón Ourense por 69 a 50. Tras un mal primeiro cuarto, o equipo dirixido por Carlos Colinas reaccionou no segundo e sentenciou o encontro, xogado no Pavillón de Navia, e que serviu para presentarse ante a súa afección. O venres xogarán en Lugo ante o Durán Maquinaria Ensino, con ambos os dous clubs xa clasificados.

 

halconesA pasada fin de semana, o equipo de sofbol feminino de Los Halcones de Vigo, perdeu ambos os dous partidos da Liga Open de Sofbol. Ao mesmo tempo, o equipo cadete permanecía concentrado en Valencia disputando o Campionato Nacional de Clubs. Perdeu tres, dos seus catro encontros contra Viladecans, Astros de Valencia e Sevilla, por resultados de 11 a 1, 9 a 8, e 11 a 6.