presentacion_rugbyO Blusens Vigo Rugby realizou o pasado venres o acto oficial de presentación da tempada, no Edificio Miralles de As Lagoas-Marcosende, apoiado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, así como directiva, xogadores, patrocinadores e outras institucións.

 

O Academia Octavio venceu onte ao Palma del Río por 29 a 27. Travesas gozou dun encontro onde os visitantes chegaban invictos. Mal comezo dos vigueses pero souberon reaccionar  tempo e levar os dous puntos. Esta fin de semana non haberá Liga. O Octavio retoma a competición visitando ao Teucro de Quique Domínguez, invicto e líder na táboa de clasificación. O encontro será o sábado, 11 de outubro, ás 20 h. no Pavillón Municipal de Pontevedra.

 

El Olivo gañou onte con claridade ao Barbadás, por 2 a 5, en terras ourensanas. Segunda goleada consecutiva das viguesas que foron superiores ás locais durante todo o encontro. A próxima xornada, as de Charly recibirán ao Orzán S.D. O encontro será o domingo, 5 de outubro, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.

 

rugbyO Blusens Universidade de Vigo continúa acariñando a vitoria neste inicio de tempada de División de Honra, nunhas tres primeiras xornadas que tivo que enfrontarse a equipos que teñen as papeletas para estar nos primeiros postos da clasificación.

 

El Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado na cancha do Artabro por 39 a 29. Os de Lavadores seguen sin atopar o seu rumbo e caeron ante un rival que foi superior durante todo o encontro  A próxima xornada derbi vigués, Magope e Las Cinco Jotas enfróntanse no pavillón de Lavadores. O partido será o sábado, 4 de outubro, ás 18.30 h.