O Magope Seis do Nadal venceu o sábado ao SAR Plastic Omnium, por 28 a 20, no Pavillón de Coia. Os redondelanos foron superiores no arranque do encontro, pero unha boa reacción viguesa  tempo fixo que os de Coia sentenciasen o encontro antes do descanso.

 

plantilla_xuvenilDurante a celebración da segunda xornada da Copa Galicia, o C.V Xuvenil Teis conseguiu a súa primeira vitoria ante o equipo de Fisiomás Zalaeta por 2-1, modelo deste ano da competición desenvolvido en triangulares. A vitoria das xogadora de Arlindo Miranda, novo técnico do equipo vigués, chegou no terceiro partido da xornada que se iniciaba co partido do C.V. Xuveni Teis e o Emevé de Lugo.

 

amfivCésar Iglesias e Óscar Carbajo xa teñen o equipo ao completo para preparar o inminente inicio da nova tempada, o próximo 11 de outubro en Almería fronte ao Cludemi. O corpo técnico do Amfiv recibirá esta noite á última incorporación do conxunto vigués, o americano Savoy Brown, quen sae por primeira vez de Estados Unidos e terá apenas quince días para adaptarse a un novo país, a un novo club e aos seus novos compañeiros.

 

siareiros_presentacionO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron onte, no pavillón de Navia, a Campaña Siareiros 2014/15.

 

ederÉder Villanueva González, becado VIDE, logrou a pasada fin de semana a primeira posición no torneo internacional "Tyrs Open" na categoría de loita libre olímpica, celebrada a pasada fin de semana, en Motherwell, Escocia. O loitador do Club de Loita O Castro venceu ao polaco Marcin Kolakowski, loitador técnico e forte, na final. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e ou traballo realizado a favor do deporte local.