Esta fin de semana, o equipo senior feminino de sofbol dos Halcones de Vigo, viaxa a Lugo, para disputar a terceira xornada da Liga galega open de sofbol feminino, contra os equipos de Beisbol Cambre, e Lume de Lugo.

 

Minata Keita, malinesa de 25 anos e 1,88 de altura, xa está en Vigo. A nova xogadora do Celta Selmark aterrou onte pola tarde, no aeroporto de Peinador, tras dous intentos falidos, hai unha semana a folga de pilotos de Air France frustrou os seus plans, e hoxe, incorpórase ao traballo ás ordes de Carlos Colinas.

 

halconesEste venres 26, os Halcones de Vigo na súa categoría cadete, trasladaranse na madrugada á cidade de Valencia para disputar o Campionato de España de Béisbol de Clubes. O equipo vai con ánimo de facer un bo papel e estar entre os primeiros de España na súa categoría.

 

Tras dous atrasos nos seus plans de viaxe, a última incorporación do Celta Selmark, Minata Keita, chegará esta tarde a Peinador. Carlos Colinas espera contar coa senegalesa nos próximos días, para seguir preparando a tempada, que dará o pistoletazo de saída co comenzo da Liga, o vindeiro 25 de outubro, recibindo ao Café Barco GBP.

 

Primeira vitoria de El Olivo na Segunda División feminina de fútbol nacional. Venceron ao Zamora por 5 a 0.  O partido comezou igualado pero aos vinte minutos, cun penalti a favor que materializou Carla González, as visitantes baixaron o nivel e as viguesas gozaron do xogo levando os puntos con facilidade. A próxima xornada as rapazas do Olivo enfróntase ao UD Barbadás a domicilio.