O Magope Seis do Nadal-Coia venceu onte ao Granitos Ibéricos por 22-29 no primeiro derbi vigués da Primeiro Nacional Masculina de balonmán. Encontro, xogado no Pavillón de Carballal, tivo unha primeira metade moi igualada, tras o descanso, os de Coia saíron a por todas, conseguindo unha vantaxe que lle permitiu levar os puntos sen problema. A próxima xornada o Magope recibirá na súa cancha ao S.A.R. Plastic Omnium. O encontro será o sábado 27, ás 18.30 h.

 

Os académicos caeron derrotados o sábado ante o BM Alcobendas por 35 a 26. Os de Jabato saíron á cancha moi fortes pero enseguida os locais demostraron a súa superioridade. A próxima xornada o Academia Octavio recibirá en Travesas ao Zumosol A.R.S. Palma do Río. O encontro será o domingo 28, ás 12 h.

 

Derrota do Cinco Lotas UB Lavadores en Vigo ante o Vitaldent BM Pontevedra por 28 a 31. Os locais estiveron todo o encontro por debaixo no marcador, faltándolles acerto no tiro. A próxima xornada, os de Lavadores enfrontaranse ao BM Artabro Novo Mesoiro a domicilio. O partido será o sábado 27, ás 18.30 h.

 

rugbyO Blusens Universidade de Vigo caeu o pasado sábado no debut en As Lagoas Marcosende ante o último campión o VRAC Quesos Entrepinares por 15 a 19, obtendo un punto bonus defensivo malia chegar ao descanso dominando 12 a 9. A pesar de finalizar con dous ensaios a favor por ambos os dous bandos, e dominar na primeira metade, na segunda parte non soubo definir o partido, nuns últimos 20 minutos nos que tivo a maior posesión de balón pero a falta de definición e alternativas no seu xogo fixeron imposible a remontada tras dar volta o marcador o equipo pucelano no minuto 66 coa marca de Marco Lora.

 

As viguesas reciben a un vello coñecido, o C.D. Zamora Amigos del Duero, que ascendeu de novo esta tempada cun equipo moi potente. O adestrador de El Olivo, Juan Carlos García "Charly", comezou a tempada cun equipo renovado con caras novas e cargado de xuvenís.  Malia a primeira derrota contra o Sárdoma, o equipo está animado e espera ter os seus primeiros tres puntos no seu partido contra as zamoranas na casa. A afección está desexosa de ver xogar a un Olivo moi renovado. O encontro será o domingo, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.