Cabecera Vide

O boleto gañador da viaxe a Cantabria foi para un siareiro do Octavio e os clubs recadaron 50.000 euros

Sorteo viajesZonda 3aO sorteo dunha viaxe de tres días a Cantabria (ruta "Cuevas de Cantabria"), celebrado esta fin de semana no descanso do partido Amfiv-Bilbao no pavillón municipal Pablo Beiro, supuxo para un total de 36 clubs adscritos ao programa Siareiros de VIDE a obtención de 50.000 euros.

A colaboración entre a Fundación Vigo en Deporte, presidida polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por Viaxes Zonda, axencia dirixida por Alice Martínez, deu un xigantesco salto e prácticamente logrou para as entidades deportivas que VIDE apoia o dobre de recadación que nos dous anos anteriores.

O sorteo público, con 50.000 boletos (donativo dun euro por billete), contou coa man inocente dunha xogadora das escolas deportivas do Club Deportivo Amfiv, Elena Lorenzo, actuando como testemuñas Alice Martínez (Viaxes Zonda) e Carlos González, directivo da entidade viguesa de División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas.
O número gañador foi o 26.717. A continuación procedeuse a extraer, sempre dun en un, os dous boletos reserva, resultando elixidos o 46.446 e o 26.707.

A participación vencedora resultou vendida polo Academia Octavio (balonmán), mentres que os suplentes corresponderon, respectivamente, a boletos vendidos polo CD Amfiv e o propio Octavio, respectivamente.
A iniciativa de Viaxes Zonda e VIDE recadou para os clubs un total de 108.777 euros dende que se iniciou esta colaboración cunha viaxe á República Dominicana (2016, 28.777 euros captados), gañada por un boleto mercado por un siareiro do Amfiv, e outra a Madeira (2017, 30.000 € conseguidos), billete vendido pola FPR El Olivo.
Para Manel Fernández esta exitosa acción é "fundamental dentro da filosofía do programa Siareiros; os recursos atípicos entre finais do pasado ano e comezos deste resultan un ingreso moi importante para o día a día das entidades", dixo.

O Alertanavia (fútbol), con 8.000 boletos, e a S.D. Carballal (balonmán), con 3.500, foron os clubs que máis diñeiro obtiveron para os seus orzamentos da tempada.