A quinta edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, nos mellores campos da cidade

ManelO fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e o fútbol 11 (infantil) voltan no Nadal coa quinta edición do Torneo Concello de Vigo. Do 26 ao 30 de decembro, os campos municipais de Vigo verán o mellor fútbol local, que rematará coas finais do día 30 e a súa clausura.

A Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) envorcouse neste evento patrocinado polo Concello de Vigo e que se xogará  no José Costas (Candeán), Pahiño (Navia), A Guía (Teis), A Pirucha (San Miguel de Oia), Armando Cajaraville (Samil), Penedo da Moo (Matamá), Meixoeiro, As Relfas (Sárdoma), A Bouza (Coia), Federativo de Coia, Monte da Mina e Cotogrande.

A normativa e follas de inscrición, nos documentos adxuntos:

pdf Carta Concelleiro de Deportes Torneo Nadal (160 KB)

pdf Regulamento do Torneo Concello de Vigo 2017 (284 KB)

document Folla de inscrición club Torneo Nadal 17 (1.69 MB)

document Inscrición xogadores Torneo Nadal 17 (145 KB)