IMG 20190424 114122

O Concello de Vigo despediu ao primeiro equipo do Club Deportivo Bosco, o Celta Zorka, que dende este xoves ao domingo vai tentalo ascenso á División de Honra. As xogadoras e o equipo técnico dirixido por Cristina Cantero, ademais do presidente do club, Carlos Álvarez, foron recibidas onte polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, antes de viaxar a Tenerife para participar na fase final de ascenso. Nas illas buscarán o seu regreso á máxima categoría nacional do baloncesto feminino, a Liga Día.

Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o rexedor animou ás xogadoras e ao equipo técnico do Celta Zorka unhas horas antes da súa partida cara ás Canarias, onde a fase decisiva outorga dúas prazas para a máxima categoría do baloncesto feminino.

O equipo, comandado polo seu presidente, Carlos Álvarez, e a súa adestradora, acudiu ao Concello e foi recibido na sala de xuntas na que habitualmente se reúne a Xunta de Goberno Local. Alí Caballero desexou a mellor das sortes para os partidos que disputarán do 25 ao 28 de abril no pavillón Juan Ríos Tejera, de San Cristóbal de La Laguna.

Na fase regular o Celta Zorka foi campión do grupo A da LF2 con 24 vitorias e unicamente perdeu dos partidos, polo que parte como un dos equipos favoritos. O seu primeiro rival será o Barça CBS este xoves ás 19:15 horas (hora peninsular). Este ano, de novo, o club ten recibido un total apoio económico do goberno vigués dende a Alcaldía e a Concellería de Deportes.

Calendario da fase de ascenso (horario insular)