IMG 9131

Esgotadas as prazas para o campamento de VIDE nas Travesas, pero aínda non para o de Samil. Os campamentos polideportivos que organiza a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello teñen confirmado xa o 80% das mesmas, con cupo cuberto no campus das Travesas (24-28 de xuño) e pouco máis de medio cento aínda libres no de Samil (8-12 de xullo). Os campus están dirixidos a nenas e nenos de 6 a 14 anos.

A Federación Galega de Tenis o Pádel Femenino Cíes e o Club de Tenis de Mesa Vigo amosan o tenis, pádel e tenis de mesa aos participantes dende as 9:00 ás 14:00 horas. É a terceira edición do evento mentras que para o campus do complexo das Travesas é a vixésima. Dende o 2000, ano no que comezou esta actividade, máis de 4.200 nenas e nenos pasaron por eles.

Coca-Cola, Frutas Nieves e PSA Groupe colaboran en ambolos dous campus, mentras que Naviera Mar de Ons, Decathlon, Telepizza e New Balance apoian exclusivamente o das Travesas. Trala morea de nais e pais que acudiu o luns a VIDE para facerse cunha praza para os seus fillos, o martes cubriuse o cupo de admitidos para a actividade das Travesas.

Folla informativa do campus polideportivo de Samil 2019