Cabecera Vide

Setenta árbitros, vinte deles de fútbol sala, dirixirán a Vigo Cup 2019, que arrinca o 24 de xuño e vai durar ata o 7 de xullo

Manel Vigo CupA Vigo Cup disputarase este ano do 24 de xuño ao 7 de xullo, no formato dos dous últimos veráns, e a Real Federación Galega de Fútbol manterá unha estreita colaboración co Concello de Vigo, impulsor do evento a través da Fundación Vigo en Deporte (VIDE).

Fernando Iglesias, vicepresidente de Asuntos Económicos da Federación Galega, e Delfín Alonso, delegado federativo para Vigo, mantiveron este venres unha reunión de traballo co concelleiro de Deportes en funcións, Manel Fernández, para perfilar cuestións logísticas a fin de que o evento manteña o nivel de calidade e de participación de anos anteriores.

Uns cincuenta colexiados adscritos ao Comité Técnico de Árbitros de Fútbol e unha vintena do Comité Técnico de Árbitros de Fútbol Sala encargaranse de dirixir os encontros. O fútbol sala, como no 2018 e no 2019, abrirá a competición, que se estenderá ata o domingo 30 de xuño nos mellores polideportivos da cidade, con finais no complexo municipal das Travesas e no pavillón de Navia, mentres que o fútbol 7 e o fútbol recollerán a testemuña do 1 ao 7 de xullo, coas finais repartidas entre o sábado 6 (Samil) e o domingo 7.