Cabecera Vide

O alcalde anunciou aos clubs por videoconferencia máis cartos para o deporte de formación na vindeira tempada 2020/21

vVVIDfcjpGQPqysZi72U9vDF9HneckanTGOODOXKO alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este venres a uns trinta clubs da cidade, moitos deles adscritos tamén á Fundación Vigo en Deporte, que cara a tempada 20/21 o Concello aumentará a asignación económica do deporte de base.

Na videoconferencia do rexedor, na que participou tamén o concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, Caballero lembrou que se están a tramitar as achegas pola tempada 19/20 -o prazo remata o vindeiro día 7 de xullo-, cun importe de 925.000 euros, 75.000 máis que o ano pasado.

Polo de agora, a Concellería de Deportes xa xestionou os pagos ás entidades de elite (500.000 euros) e os pagos pendentes do programa municipal de escolas deportivas (225.000 €); ademais, VIDE, entidade sen ánimo de lucro na que participa a Concellería de Deportes dentro do seu padroado, pagou xa o programa Siareiros ás entidades deportivas de base (20.000 €).

Ademais, o alcalde lembrou aos e ás representantes dos clubs que as instalacións deportivas municipais (o desaparecido IMD) necesitan de 5 millóns de euros en mantemento, dos que se recuperan por taxas 200.000 euros, e as piscinas municipais (O Carme, Teis, Lavadores e Valadares) custan 2,5 millóns, recadando apenas un 20% dos gastos.

Na reunión virtual, duns trinta minutos de duración e segunda destes meses, o alcalde deu conta tamén de que están en funcionamento as pistas de pádel e tenis de Samil, o estadio atlético de Balaídos, as piscinas de Travesas, Teis, Lavadores e Valadares, así como os complexos Máis que Auga (Navia, barreiro e Florida) e os complexos municipais das Travesas, Navia e a ETEA, sempre seguindo as normativas publicadas polo Goberno central no BOE e pola Xunta no DOG. Nestes momentos, precisou, estase a traballar nos protocolos de seguridade para poder abrir os campos de fútbol.

Outro dos asuntos que se abordaron na reunión foi a devolución ás distintas entidades do importe abonado e non gozados durante o periodo de peche das instalacións polo estado de alarma.