En ETEAO complexo deportivo municipal da ETEA, formado por dous polideportivos e un campo de fútbol mellora as súas instalacións. O Concello mercou e instalou un practicable de ximnasia acrobática cun importe de 51.425 euros.

Trátase dun pavimento brando que reúne as condicións técnicas precisas para esta práctica deportiva e que converte á ETEA na “mellor instalación de ximnasia de toda España", explicou o alcalde, Abel Caballero, que visitou a instalación acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández.

De feito, o rexedor explicou que "non o digo eu", senón Jorge Méndez, o presidente e director deportivo do Flic Flac, "un dos grandes clubs da ximnasia acrobática en España", indicou Caballero.

Ademais, o Concello instalou no mesmo pavillón unha pista para esgrima adaptada, con ancoraxes, marcadores e tódolos dispositivos necesarios para a práctica de esgrima en cadeira de rodas e que tivo un custo de preto de 10.000 euros. O Club Esgrima Vigo El Olivo ten a súa base de adestramentos e competicións nos novos polideportivos da ETEA e con este equipamento o Concello tamén apoia a carreira paralímpica da tiradora viguesa Judith Rodríguez.