VIDE e Hyupersa Vigo (Hyundai) sortean unha MITT Super 125 para beneficiar aos clubs do Programa Siareiros

Imprimir

Rifa 2023Nova campaña para obter novos ingresos para as entidades deportivas adscritas á Fundación Vigo en Deporte. Hyupersa, concesionario oficial en Vigo da marca Hyundai, e VIDE lanzan outra acción a prol do deporte local un ano máis.

O concelleiro de Deportes e vicepresidente de VIDE, Manel Fernández, e Juan José Paz, en representación do concesionario, acordaron a posta en marcha do sorteo dunha motocicleta MITT Super 125, que se vai celebrar en decembro, durante un partido do histórico Club Polideportivo Alertanavia.

Os clubs adscritos ao programa Siareiros teñen dende este xoves as rifas, que se poden adquirir doando 1 euro por boleto. VIDE conta cun importante "pool" de empresas dispostas a apoiar ao deporte formativo. E Hyundai Hyupersa Vigo, ademais patrocinador específico da Vigo Cup, é unha delas. Este "scooter" ten un valor no mercado de preto de 2.200 euros.

O programa Siareiros dá cobertura a medio cento de clubs de Vigo, cun orzamento de 20.000 euros. Pero ademais da axuda directa, cada ano busca actuacións, como esta do sorteo, para que as entidades deportivas acaden ingresos atípicos. Hyupersa Vigo entrou entrou en 2017 no grupo de patrocinadores de VIDE despois dunha xestión entre o seu vicepresidente, Manel Fernández, e a firma que vende esta marca surcoreana de automóbeis e ten base na estrada de Camposancos.