Cabecera Vide

O fútbol vigués contará coas referencias de Álex Rey, María Calvar, Alexis Rodríguez e Antía Martínez, premios VIDE aos MVP 22/23, ata 2025

Os melloresÁlex Rey (Vigo, 1992) e María Calvar (Moaña, 1999) na categoría de fútbol, masculina e feminina, e Alexis Papa e Antía Martínez (Vigo, 2003) serán reis e raíñas do fútbol local ata febreiro do 2025. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Vigo en Deporte, Manel Fernández, entregou os Premios VIDE de fútbol e fútbol sala pola tempada 22/23, que declararon aos catro futbolistas os mellores da campaña pasada.

Rey, do Rápido de Bouzas de 3ª Federación -na 23/24 defende as cores do Coruxo FC, na 2ª Federación-, estivo pelexando co seu equipo polo ascenso e foi campión de Europa con Galicia (agora no Coruxo FC) en fútbol (Copa das Rexións UEFA). No club boucense o extremo sumou 5 goles, e a mesma cifra en sete encontros coa selección de Breogán; Alexis Rodríguez (IES Coruxo FS) foi unha pexa chave para a permanencia na categoróia de bronce do fútbol sala estatal. No capítulo feminino, Antía Martínez (Castro FSF) axudou ao ascenso do Bloques Cando á elite do fútbol sala español, e a moañesa Calvar, dende 2016 no Sárdoma (agás o exercicio 20/21 no Mos), asinou un excelente ano no Sárdoma CF en 2ª Federación pese á perda de categoría. Estivo nun notable nivel con David Ferreiro primeiro e nos últimos meses con “Chicho” Val. Igual nivel que na campaña actual.