O boleto 33781, vendido polo Patín Vagalume Celtamotor, premiado cunha viaxe por Portugal no sorteo "Apoia ao deporte vigués"

Boleto ganadorO boleto número 33781, vendido polo club Patín Vagalume Celtamotor, resultou premiado este sábado no sorteo da promoción "Apoia ao deporte vigués", coa que Viaxes Zonda e a Fundación Vigo en Deporte acadaron 45.000 euros para os clubs de formación do programa Siareiros.

No descanso do partido de baloncesto entre o Iberconsa Amfiv e o Amivel, no polideportivo municipal do Berbés, e coa presencia do concelleiro de Deportes e vicepresidente de VIDE, Manel Fernández, e da directora de Viaxes Zonda, Alice Martínez, coñeceuse o número da rifa vencedora.
Despois da extracción do boleto, a man inocente sacou dous números máis como primeiro (16077) e segundo reserva (33778), respectivamente, por si non aparecese o posuidor do número agraciado. O primeiro reserva foi entregado polo San José de la Guía (baloncesto), mentres que o segundo reserva pertene ás rifas vendidas polo Vagalume.

O vencedor obtén, grazas a Viaxes Zonda, unha viaxe de dous días (19 e 20 de outubro deste ano) polo norte do país veciño (Aveiro, Porto e Braga) en hoteis de catro estrelas e con guía acompañante dentro do programa “Club Finde” de Viaxes Zonda, que é un dos patrocinadores de VIDE dende hai anos e cada tempada aporta unha viaxe para sortear. Manel Fernández agradeceu á axencia de viaxes a súa decidida colaboración con VIDE. 

O Iberconsa Amfiv non puido gañar nesta vixésima e antepenúltima xornada da División de Honra do baloncesto en cadeira de rodas, xa que caiu por 56-74 diante do Amivel.