Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Becas 2022Como cada outono regresa o programa de axudas ao deporte individual que presenta a Fundación Vigo en Deporte. O seu programa VIDE en Futuro, reservado para apoiar ao deporte individual, abriu o prazo para solicitar as axudas pola tempada deportiva 21/22. O periodo de solicitudes pechará o 14 deste mes.

Esta iniciativa permite a presentación de solicitudes a deportistas Sub-23, en deportes individuais ou de competicións de parellas, tríos e cuartetos, que non recibisen subvención do Concello pola mesma tempada. É a única subvención incompatible co programa de VIDE. 

Por noveno ano consecutivo, a Fundación Vigo en Deporte, cuxo vicepresidente executivo é o edil de Deportes, Manel Fernández, por delegación do alcalde, reserva 20.000 euros para recoñecer o traballo dos deportistas vigueses de idade Sub-23. A axuda mínima á que optarán é de 400 euros, cantidade que se comparte no caso de recaer en parellas, tríos ou cuartetos, e a máxima de 1.000 euros.

A esta iniciativa de VIDE poden concorrer os deportistas empadroados en Vigo, nacidos desde o 1 de xaneiro de 1999, que non reciban subvención municipal do Concello polo exercicio 2021/22. Dende 2017, VIDE inclúe nas súas bases un sistema de puntuación de méritos similar ao que segue o Concello na súa subvención a deportistas. Así, a axuda global de VIDE ao deporte individual local, iniciada para deportistas menores de 23 anos en 2014, alcanzar os 180.000 euros. A tempada 20/21, Vigo en Deporte (VIDE) entregou cheques a vinte e oito deportistas de catorce modalidades deportivas.

Manel Fernández, vicepresidente de VIDE, lembra que esta acción é un exemplo máis da colaboración público-privada que se reflicte en VIDE coa participación do Concello e das empresas, e ademais complementa a subvención municipal ao deporte individual, cunha partida de 50.000 euros, que existe dende 2016. Quen non pode chegar aos requisitos das bases da Concellería de Deportes, si acada unha axuda dende VIDE.

Bases bolsas VIDE en Futuro 21-22

Formulario axudas deportistas individuais 21-22

Carta Manel Fernández aos e ás deportistas