Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

2022 0312 18515200 01Os clubs do Programa Siareiros xa están a repartir as tradicionais rifas do sorteo dunha viaxe en 2023, cortesía de Viaxes Zonda, un dos patrocinadores da Fundación Vigo en Deporte.

 A Fundación VIDE e Viaxes Zonda repiten a exitosa oferta da tempada pasada para que os clubs poidan recadar un total de 45.000 euros pola viaxe, que de novo decidirá a axencia entre Portugal (Lisboa ou Oporto), Salamanca, Andalucía e País Vasco.

No mes de febreiro de 2023, no intermedio do partido do Iberconsa Amfiv fronte ao Bidaideak Bilbao, da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas, vaise coñecer o afortunado vencedor ou vencedora. O pavillón municipal do Berbés, no que polo de agora está a xogar o conxunto vigués, ou o pavillón Pablo Beiro, en Bouzas, vai ser o escenario do sorteo.

A colaboración de Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, con Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente executivo da Fundación Vigo, é "moi importante", dixo o edil. Dende o primeiro sorteo patrocinado por Zonda os clubs recibiron coa venda de boletos preto xa dun cuarto de millón de euros.

A viaxe, para dúas persoas, inclúe traslado en autopullman dende Vigo e pensión completa en hotel de tres ou catro estrelas. Na imaxe, o concelleiro e Alice Martínez no sorteo celebrado en marzo deste ano.

Bases 2022 23 sorteo Viaxe Club Finde