Gran rendimento das xogadoras internacionais do Celta Indepo no Preeuropeo de baloncesto

Imprimir
egle1As catro internacionais do Celta Indepo que están disputando o Preeuropeo de baloncesto amosan cada xornada un alto nivel que invita ao optimismo extrapolado á Liga Feminina 2010/2011.

O mércores, a croata Iva Sliskovic non tivo partido (Croacia descansou no seu grupo de cinco equipos) mentres que a holandesa Leonie Kooij foi a máxima anotadora da xornada (39 puntos e as súas terceiras dobres figuras do torneo), aínda que matematicamente a súa selección, Países Baixos, terá que ir a unha repesca para evitar o descenso de categoría.

Kooij (a xogadora co dorsal 13 na imaxe), que estivo fantástica (6/11 de dous puntos, 6/9 triplas e 9/11 tiros libres), volverá con Holanda en maio de 2011 para disputar seis partidos ante tres rivais, con dúas prazas de descenso en xogo.

En canto ás demais, Egle (na imaxe superior) e Lituania concluíron a competición e teñen billete para o Eurobasket do ano próximo, conseguíndoo ademais hai unha semana de forma matemática.

Pola súa banda, Michulkova (Eslovaquia) e Sliskovic (Croacia) xogaranse a súa clasificación este domingo, aínda que dependen de si mesmas. Eslovaquia ten que vencer a Alemaña para clasificarse como segunda, pero o seu rival tamén necesita gañar. Croacia debe imporse a domicilio (en Bélxica) ou esperar que Italia, que reaccionou a tempo, caia en casa contra a pechacancelas Holanda, difícil porque as holandesas son frouxas en defensa.

kooijSe croatas e eslovacas ou unha das seleccións non rematan como segundas, irán a unha nova fase de seis seleccións en xuño de 2011 para a última praza do Europeo. O mércores, Michulkova tivo en Ucraína a tripla gañadora, pero fallou e o lanzamento na mesma xogada dunha compañeira para ir á prórroga tampouco entrou.

Porén, Miguel Méndez, o seu novo adestrador e que está seguindo todo o que sucede no Preeuropeo, non se asemella moi preocupado pola efectividade das súas xogadoras nos lanzamentos de tres puntos. Esta nova liga o campionato feminino estatal xogarase coa liña de tres puntos a 6,75 metros "e todo será unha incógnita", di.

Célticas no Preeuropeo 2011 (240.84 kB)