Cabecera Vide

O Celta xoga hoxe o seu último partido amigable de pretempada en Salamanca

miguelNa tarde de onte as viguesas desprazáronse a Salamanca onde xogarán hoxe a partir das 20,30 o seu último partido amigable antes do comezo de Liga.

O Celta enfróntase de novo a un equipo que nada terá que ver co que xogue na liga e marcado polo amplo "grupo de ausentes" que se atopan en republica Checa disputando o mundial. As xogadoras adestrarán na mañá de hoxe de 13 a 14 horas.

Miguel Méndez non poderá contar coa participación de Luisa Michulkova que se resente da lesión sufrida esta fin de semana durante o partido de Copa Galicia en Orense.

Por outro lado, a Federación Galega de Baloncesto comunicou que o Universitario Ferrol será o encargado da organización da Fase Final dá XVIII Copa Galicia Sénior Feminina os próximos días 2 e 3 de outubro.

A competición xogarase no Pavillón Municipal de Esteiro, baixo o formato de semifinais e final:

- Sábado R. C. Celta Indepo e Pío XII (18.30 h)
               Ensino - Extrugasa (20.30 h).

- Domingo final a partir das 12.30 h