Semana intensa para o Celta Indepo

Imprimir

indepoIngrato fin de viaxe do equipo celeste, un grupo de novos con pasamontañas obrigou as catro da mañá da pasada madrugada, ás xogadoras do Celta Indepo a desaloxar o autobús que as trasladaba á casa tras disputar o partido contra co equipo salmantino Perfumerías Avenida.

Camiñando coas súas bolsas finalizaron o traxecto dende a Avenida da Florida ata os seus respectivos domicilios.

Na mañá de hoxe, o equipo incorpórase aos adestramentos de cara á preparación do seu máis inmediato compromiso, a Fase Final da Copa Galicia que se celebra en Ferrol esta fin de semana.

Miguel Méndez, non poderá contar coa xogadora Slovaca Luisa Michulkova, tras a ecografía feita no día de onte detectáronlle unha importante rotura de fibras na perna dereita, que lle impedirá adestrar co resto do equipo, participar na Copa Galicia e comezar a liga a próxima semana. Importante contratempo para o equipo celeste.