O Celta Indepo recibe ao todopoderoso Mann Filter

Imprimir

celtanovembro2010Nova xornada de liga feminina en Vigo, mañá sábado a partir das 18.00 horas o Celta Indepo enfróntase a outro dos "potentes" da liga que participa en competición europea, de aí o cambio de venres a sábado.

O equipo de Miguel Méndez vén dunha derrota avultada fronte Hondarribia, equipo difícil no seu cancha. Tras unha semana de intenso traballo, mañá intentarase facer fronte a un equipo que saíu favorecida aínda que pola mínima (58-56) no seu último encontro fronte Extrugasa, que será o próximo rival celeste.

Recuperada das súas doenzas Dragana está xa dispoñible e o adestrador poderá dispoñer de todo o equipo para o encontro.

RC CELTA INDEPO - MANN FILTER ZARAGOZA
Sábado 13/11/10, Pavillón de As Travesas
18.00 Horas
Árbitros: Antonio Zamora Rodríguez e Daniel Pazos Pazos