Cabecera Vide

O Celta Selmark volve ao traballo

O equipo vigués comezou onte os adestramentos de cara a preparar a nova tempada 2013/14 onde competirá na Liga Feminina 2. O seu técnico, Carlos Colinas, quixo empezar dous meses antes do seu primeiro compromiso ligueiro -26 de outubro, en Navia, fronte ao Café Barco de Badajoz- para facer unha preparación específica das canteranas e xogadoras do equipo júnior.

As fichaxes Nogaye Lo e Begoña Pallardó incorporaranse a primeira quincena de setembro. O capítulo de fichaxes aínda non está pechado. O club celeste segue traballando na incorporación dunha aleiro.