O Celta presentou en Vide as súas dúas fichaxes para esta tempada

Imprimir

Celta_20.09.13Trátase da base valenciana Begoña Pallardó e a pivot mallorquina Nogaye Lo. Acompañadas do vicepresidente do club celeste Carlos Álvarez e do seu adestrador, Carlos Colinas, as mozas fichaxes -21 e 17 anos respectivamente- foron presentadas, o pasado venres, en VIDE ante os medios de comunicación.

Pallardó formouse na canteira do Ros Casares e militou nas dúas últimas tempadas no Pavillón Ourense. Pola súa banda, Nogaye Lo gañou o campionato de Europa Sub-18 este verán e participará esta semana con España no Mundial 3 x 3 en Indonesia.

A falta da incorporación dunha aleiro, El Celta Selmark comezou esta fin de semana cos seus primeiros amigables da pretempada. Comezará ala Liga Feminina 2 o próximo 26 de outubro.