Fin de semana de táboas para os equipos Siareiros elite

Imprimir

mosteiro bembriveAmfiv, Celta Zorka, Bembrive e Olivo gañan, Octavio, Las Cinco Jotas, Magope e Vigo perden e o do Blusens Networks suspéndese no descanso cando arrasaban cun resultado de 34-0, é o balance da fin de semana para os equipos Siareiros de elite nos seus encontros ligueiros. 

O Amfiv, grazas a un bo terceiro cuarto, inicia cunha importante vitoria a Fase de Permanencia. O conxunto de César Iglesias tivo que poñerse o mono de traballo para iniciar con bo pé a súa participación na Fase de Permanencia e dobregar a un Basketmi Ferrol (45-67). Non obstante, un bo terceiro cuarto, cun parcial de 6-17 para os vigueses, freou a euforia local e permitiu aos vigueses estrearse nesta segunda rolda da competición, na que a marxe de erro é practicamente inexistente. A súa próxima cita será o 20 de febreiro en Badalona.

O Celta Zorka completou quizais o mellor encontro da campaña vencendo o CB Adareva (69-62). Con equilibrio no xogo, sen complexos e apoiadas na suma anotadora dos seus exteriores, as viguesas brindaron unha tarde de excelente rendemento colectivo. Esta fin de semana enfrontarase ao CB Al-Qázeres Extremadura a domicilio.

O CD Mosteiro Bembrive FS goleou o venres ao SD Xove FS (6-1) en Lugo. Vitoria que os afianza na cuarta posición da táboa de clasificación. Os de Pitu farán dobrete na casa esta semana. Recibirán mañá martes ao Burela Pescados Rubén nos cuartos de final de pa Xunta, o encontro comezará ás 21 horas no Pavillón de Bembrive. E o sábado 13 recibirán ao FS Cuéllar Cojalta na décima xornada de la Segunda División B.

Novo triunfo das rapazas do Olivo en Navia ante o CD Femiastur "A" (2-1). As pupilas de David Ferreiro tiveron que pelexar a súa vitoria polo seu desacerto baixo o pau pero manteñen o pleno de vitorias e continúan líderes tras 15 vitorias consecutivas. Esta semana haberá parón ligueiro.

O Academia Octavio perderon na cancha do MMT Zamora (30-21). Os de Jabato ofreceron boa imaxe na primeira parte pero tras o descanso afundíronse e sumaron a súa undécima derrota consecutiva. Esta semana recibirán ao Amenabar ZKE. O encontro xogarase o sábado 13 ás 18.30 h. no Pavillón de Travesas.

Las Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado na cancha do BM. Pontevedra (32-23) antepenúltimo na táboa da clasificación. Os locais foron superiores dende os primeiros minutos do partido. Esta semana os vigueses recibirán ao SAR Plastic Omnium, o partido xogará o sábado 13 ás 18.30 h. no Pavillón de Lavadores.

O Magope Seis do Nadal Coia viuse superado nesta xornada polo Luceros por partida dobre, no choque que lles enfrontou e na clasificación. Os de Cangas fixeron valer a súa condición de local, impuxéronse aos vigueses por 32-28 e relegáronlles á sexta posición, a nove puntos dos postos de play off de ascenso. Esta semana recibirán ao Construcións Castro BM. Chapela, o sábado 13, ás 18.30 h. no Pavillón de Coia.

O Club Vigo xogou un moi mal partido en terras mallorquinas ante o CV Ca,n Ventura Palma (3-0). Para os vigueses o encontro comezou no terceiro set xa que os dous anteriores foi coma se non entrasen no partido. Agora haberá unha semana de descanso, con motivo da disputa de iga Junior, que poderán os vigueses aproveitar para regresar aos triunfos cando o día 20 visite Vigo o Emeve de Lugo.

O árbitro suspendeu o Blusens Networks Universidade de Vigo - VRAC Quesos Entrepinares B tras unha reunión nos vestiarios cos capitáns de ambos os dous equipos tras o asubío final do primeiro tempo. O temporal que comezara a azoutar poucos minutos antes de comezar o partido no campo de As Lagoas, no CUVI, non se recordaba dende había moito tempo. O campo estaba seco e ao orballo uníraselle un forte vento que o Blusens Networks tiña ao seu favor. O equipo vigués ía gañando por 34 a 0. A partir de agora será o comité de competición quen decida cando se continúa cos 40 minutos pendentes. Esta fin de semana hai parón ligueiro e o Blusens xogará o seu partido aprazado da primeira volta ante El Salvador B. O encontro xogarase o sábado 13 ás 16 h. no campo de As Lagoas-Marcosende.