Cabecera Vide

Caballero e Fernández felicitaron ás campioas galegas do Celta Bosco

celta manel caballeroO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitaron onte a unha representación das xogadoras do Celta Bosco Feminino de Baloncesto, que estiveron acompañadas por parte da Xunta Directiva do equipo e do cadro técnico, logo de proclamarse campioas galegas en tres categorías e antes de que disputen o Campionato de España o próximo mes de xuño.

Abel Caballero reiteroulles o compromiso do Concello de Vigo co deporte feminino e animounas a seguir traballando para acadar novos éxitos.