Cabecera Vide

O Celta Indepo xogará o play-off polo título da Liga Feminina de gañar ao Mann por máis de nove puntos e ao Olesa

noemarianoO Celta Indepo perdeu a fin de semana na Seu (87-81) e os seus dous directos rivais, Mann Filter Zaragoza e Sóller, venceron na Liga Feminina de baloncesto. Pero aínda a pesares das catro derrotas consecutivas colleitadas polas xogadoras que adestra Miguel Méndez, poden terminar disputando o play-off polo título, o que non logra o club dende abril do 2005.

O conxunto bosquista necesita imporse na vindeira xornada (sábado 27, As Travesas) ao Mann Filter por máis de nove puntos (en Zaragoza perderon as celestes por 67-58) e vencer en Cataluña ao Olesa Espanyol na xornada final. De ser así, calquera empate, dobre ou triplo, sería favorable ás galegas, que derrotaron ao Sóller Joventut tanto en Vigo como en Baleares.