O programa VIDE en Futuro, dotado con 20.000 euros para apoiar aos deportistas individuais, está en marcha. Como é habitual tralo anuncio do alcalde de que se abriu o prazo para solicitar as axudas, VIDE remitiu as bases ás federacións deportivas galegas, un perfecto canle de comunicación para informar aos e ás deportistas.
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente executivo da Fundación Vigo en Deporte (VIDE), dará a coñecer xa en decembro os e as solicitantes beneficiadas menores de 23 anos, unha vez recibida toda a documentación das traxectorias n campaña 22/23.
As bolsas de VIDE son incompatíbeis coas subvencións que outorga a Concellería de Deportes para o mesmo fin e que están dotadas con 50.000 euros. Entre as dúas accións, os deportistas vigueses reciben 70.000 euros.
Caballero lembrou este luns a importancia deste apoio, que co actual formato comezou no ano 2014 e que ata agora entregou 180.000 euros (tamén durante a poandemia). Rematado este ano, a achega acadará os 200.000 euros en dez convocatorias. A axuda por solicitude á que optarán oscila entre os 400 e os 1.000 euros. A esta iniciativa de VIDE poden concorrer as e os deportistas empadroados en Vigo (dende o 1 de xaneiro de 2020) e nados dende o primeiro día de 1999.
Bases axudas VIDE en Futuro 22-23