César Iglesias poderia abandonar o Amfiv para recalar no COB Ourense

Imprimir

cesariglesiasO técnico do Aldasa Amfiv, o vigués César Iglesias, recibiu nas últimas horas unha interesantísima oferta do COB Ourense para formar parte do seu corpo técnico xunto ao tamén vigués Rubén Domínguez "Fiti", unha oferta que Iglesias están a valorar e as posturas se atopan moi próximas para pechar finalmente o acordo. Dende o primeiro momento, o compromiso entre o Aldas Amfiv e César Iglesias incluían a posibilidade de que se xurdía unha opción para dirixir a un equipo ade baloncesto a pé profesional, o adestrador tería as portas abertas para abandonar a entidade.

Agora, o COB Ourense formula esa posibilidade e dende o Aldasa Amfiv porán todas as facilidades para que ese acordo se produza, a pesar de que a marcha de César Iglesias suporán un duro golpe a menos dun mes para o comezo do traballo de pretempada especialmente porque directiva, xogadores e afeccionados estaban moi ilusionados con este segundo ano do técnico vigués á fronte do equipo tras o mostrado na recta final da pasada tempada.

A posible marcha de Iglesias abre a incógnita de saber quen ocuparía entón o banco do Aldasa. A opción máis factible parece a de Félix Muñoz, que ata agora exercía como segundo adestrador, aínda que os seus problemas para desprazarse co equipo supoñen un serio inconveniente.

No caso de concretarse finalmente a incorporación de Iglesias ao corpo técnico do COB, o conxunto vigués terá que traballar a marchas forzadas para atopar un substituto de garantías.