O internacional iraniano Morteza Gharibloo, reforzo de luxo para o Aldasa Amfiv

Imprimir

morteza_25.9.11Cando esperaba que na noite deste domingo chegase ao aeroporto de Peinador o pívot turco Omer Gurkan unha vez que o tema do seu visado parecía xa solucionado, finalmente un problema no avión no que debía realizar o traxecto entre Estambul e Madrid provocou que Gurkan non puidese saír de Turquía. Iso si, se non xorden novos contratempos, o luns chegará finalmente  Vigo para concretar a súa incorporación ao Aldasa Amfiv.

Non obstante, non todo foron malas noticias para a dirección deportiva do conxunto vigués nesta xornada de domingo posto que o máximo responsable nesta parcela do Amfiv, José Antonio Beiro, conseguiu pechar a incorporación dun dos xogadores chamado a liderar o proxecto vigués esta tempada. Trátase do internacional iraniano Morteza Gharibloo, un xogador que acaba de cumprir os 32 anos, que leva máis de quince xogando ao baloncesto en cadeira de rodas, que participou coa súa selección nas dúas últimas edicións dos Xogos Paralímpicos -Atenas'2004 e Pekín'2008- e que conta, ademais, cunha dilatada experiencia nunha liga tan esixente como é ela italiana. De feito, case toda a súa carreira profesional a desenvolveu na competición transalpina, militando tres tempadas no Cantú de Milán, outras tres campañas no Porto Torres de Sardeña e outro ano máis no Dream Team Taranto.

De feito, as boas xestións realizadas por José Antonio Beiro e Karma Viaxes, a axencia coa que traballa habitualmente o Aldasa, permitiron que a incorporación de Morteza Gharibloo ao Amfiv sexa fulminante posto que a súa chegada ao aeroporto de Peinador finalmente produciuse no día de onte.

Deste modo, Julio Bernárdez podería ter xa dispoñibles para o regreso aos adestramentos dos vigueses tras o seu primeiro compromiso de pretempada, a vitoria ante o Basketmi ferrolano en, a dous novos xogadores ante a máis que previsible chegada do turco Omer Gurkan ao longo da mañá de hoxe.

Con estas dúas novas incorporacións, a dirección deportiva do Amfiv consegue un dos seus obxectivos prioritarios como era reforzar o seu xogo interior, dotándoo de centímetros, aínda que o seu máximo responsable, José Antonio Beiro, traballa aínda na posible chegada dalgún outro xogador para completar a nómina de pívots do equipo vigués.