Cabecera Vide

O traballo físico, protagonista no inicio dos adestramentos do Amfiv

amfiv_grupoO Amfiv 2013-2014 xa está a rodar. Despois de asegurar a continuidade ao completo do corpo técnico e da práctica totalidade do equipo que o ano pasado levou ao conxunto vigués á terceira praza en liga e Copa, chegou o momento de empezar a traballar. 

 

 

 

 

 

O novo proxecto da entidade presidida por Pablo Beiro estrearase en la remodelada División de Honra o próximo 26 de outubro recibindo ao Amiab de Albacete e para chegar na mellor forma posible a ese comezo da tempada, César Iglesias, Óscar Carbajo e Sergio González deseñaron unha longa e intensa pretempada dun mes e medio de duración. Un camiño que se iniciou este pasado martes e, como non, fíxoo coa parte física como gran protagonista.

O inicio da pretempada do Amfiv foi toda unha declaración de intencións. Unha mínima charla de César Iglesias e... a correr. Pouco había que dicir. Técnicos e xogadores coñécense á perfección tras compartir xa vestiario e o importante era non perder nin un segundo de adestramento. Por iso, nesta primeira sesión o encargado de levar a voz cantante foi Sergio González, responsable da parcela física no conxunto vigués.

Non foi a típica sesión suave na volta ao traballo do equipo. Sergio adiantou os seus pupilos, cunha sesión de traballo exclusivamente físico, constante e moi esixente, unha parte do que lles espera nestas dúas primeiras semanas nas que o apartado físico será protagonista nos adestramentos. Iso si, despois desta primeira xornada sen balón, na que os xogadores responderon moi ben a pesar de levar case cinco meses de inactividade, César Iglesias tampouco queren perder un segundo e xa na próxima sesión empezará a introducir conceptos tácticos e a traballar xunto a Óscar Carbajo para dar forma a este novo proxecto do Amfiv.

Unha cara nova nos adestramentos

O inicio da pretempada do Amfiv deixou outra noticia ao incorporarse aos adestramentos do conxunto vigués un novo xogador. Nos últimos días púxose en contacto co conxunto vigués Óliver, un xogador clase 4 que a pasada campaña estivo a adestrar co Bilbao BSR e que por motivos laborais trasladou o seu domicilio a Moaña, para ver se podía unirse aos adestramentos do Amfiv. Evidentemente, o club abriulle as portas de par en par e agora será cuestión do corpo técnico avaliar nas próximas semanas se pode ser unha opción interesante para reforzar ao equipo. No caso contrario, a intención de Óliver é adestrar co Amfiv durante a semana e tratar de buscar acomodo no Basketmi ferrolano de la Primeira División para competir as fins de semana.