Cabecera Vide

O Amfiv inicia as revisións médicas no Hospital de Fátima

revision_amfivOs xogadores do conxunto vigués comezaron onte xoves un trámite habitual nas últimas catro campañas coa tradicional visita ao Hospital Nuestra Señora de Fátima, agora integrado dentro do potente grupo sanitario Vithas, para realizar as imprescindibles revisións médicas previas ao comezo da tempada.

Santi Comesaña, Julio Vilas, Txema Avendaño e o portugués Filipe Carneiro foron os catro primeiros integrantes do equipo do Amfiv en someterse a estes necesarios e completos exames. Análise de ouriños e de sangue, electrocardiogramas, probas de esforzo e outros variados test, posibles grazas á desinteresada colaboración que dende fai xa varias campañas mantén co Amfiv o Hospital Nuestra Señora de Fátima, servirán para confirmar que tanto eles como o resto dos seus compañeiros, que nos próximos días pasarán tamén a visitar ao doutor Quirós para realizar a revisión médica, están completamente sans e saudables e aptos para a práctica deportiva ao máis alto nivel.

Atención médica e de fisioterapia

A colaboración que o Hospital Nuestra Señora de Fátima e o Grupo Vithas brindan ao Amfiv non se limita unicamente á realización das revisións médicas prezas ao comezo da campaña, posto que durante toda a tempada os profesionais sanitarios deste centro vigués continúan velando pola saúde e o perfecto benestar físico dos xogadores, realizando todas aquelas probas que fosen necesarias en caso dalgunha molestia ou lesión e poñendo o servizo do club o seu excelente servizo de fisioterapia.