O Colexio Labor inicia a campaña de promoción do deporte do Amfiv

Imprimir

amfiv_laborOs alumnos de 1º da ESO do Colexio Labor inauguraron este luns as visitas que cada tempada realiza o conxunto vigués a centros educativos de Vigo e a súa área de influencia para promover o deporte en xeral e o baloncesto en cadeira de rodas en particular dentro da idea fundacional do club que é buscar a integración do minusválido a través do deporte.

Dende as 10.30 ata as 12.00 horas, os novos escolares puideron coñecer un pouco máis de preto algúns dos membros do Amfiv, empezando por dous dos integrantes do seu corpo técnicos, Óscar Carbajo e Sergio González, e continuando polos xogadores Agustín Alejos, Santi Comesaña, Julio Vilas, Txema Avendaño e o australiano Nick Radovich.

Despois de coñecer un pouco máis acerca do deporte minusválido, do Amfiv e do baloncesto en cadeira de rodas e das obrigadas presentacións, os alumnos dividíronse en tres grupos para probar en primeira persoa a dificultade que entraña o manexo da cadeira de rodas, practicar os pases e lanzamentos e acabar realizando mesmo entradas a canastra. Todo isto antes de rematar cun pequeno partido de cinco contra cinco no que os novos estudantes do Colexio Labor puideron mostrar todo o aprendido e no que o equipo capitaneado por Julio Vilas se impuxo ao de Agustín Alejos e Nick Radovich e ao de Santi Comesaña e Txema Avendaño.

Onte mércores será a quenda para outro grupo de alumnos tamén de 1º da ISO do Colexio Labor, que repetiron a actividade cun esquema moi similar ao dos seus compañeiros e idéntico horario, de 10.30 a 12.00 horas no Pavillón de Bouzas.