Cabecera Vide

Vitoria do Amfiv en Canarias

Terceira vitoria consecutiva do Amfiv nun partido no que a estrela foi Lorenzo Envo, con 22 puntos no seu haber. Os vigueses venceron ao ACE Gran Canaria por 53-55 e levaron a iniciativa dende o comezo do encontro. A próxima xornada, a quinta do grupo 2 da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas, o Amfiv recibirá a sua cancha ao Fundación Grupo Norte. Partido que se xogará o sábado 23 de novembro, ás 18.30 h., no pavillón de Bouzas.