O Amfiv logra nos tres últimos minutos un máis que merecido terceiro posto na Copa do Rei

Imprimir

amfivO Amfiv regresa á casa despois dun espléndido papel na Copa do Rei repetindo o rotundo éxito logrado a pasada campaña en Bilbao ao superar nesta ocasión ao equipo anfitrión, o Clínica Rincón Amivel, no encontro polo terceiro e cuarto posto.

Os vigueses, moi cansados tras o enorme esforzo realizado nos cuartos e as semifinais do sábado, souberon esperar o seu momento e dar o golpe decisivo no instante oportuno, xusto cando os malagueños xa non podían reaccionar, e cun parcial de 9-0 nos dous últimos minutos selaron o triunfo e a súa medalla de bronce nesta nova edición do torneo do K.O.

Antes, a altura de Mora e Vargas e a velocidade de Romeiro e Leo Pekka Tahti incomodaran moito ao conxunto de César Iglesias, que volveu mostrar un xogo coral, con todos os xogadores achegando en defensa e en ataque, excelentemente dirixidos outra vez máis por Lorenzo Envó (22 puntos, 9 rebotes, 5 asistencias e 5 roubos). Pero, sen dúbida, a culpa do éxito logrado polos vigueses radica no grupo. Todos suman para o ben do colectivo tanto atrás como adiante. Carneiro e Comesaña achegan os seus espléndidos bloqueos e o traballo incansable para que Avendaño poida asinar 15 puntos e 13 rebotes, Vilas 8 puntos e outros 7 rebotes, Costas 15 puntos e o australiano Nick Radovich e Vicky Alonso, 8 e 2 puntos, respectivamente.

O inicio do encontro confirmou que os dous equipos ían acusar o esforzo realizado nos seus partidos da xornada anterior e tamén cáles ían ser os principais argumentos do Clínicas Rincón Amivel. Vargas e Amora sumaron cada un 6 puntos neste primeiro parcial, engadindo Leo Pekka Thati outros 3 para o 13-15 co que remataron os dez primeiros minutos.

Envó afinou o boneco no segundo cuarto, no que anotou 10 dos seus puntos, para conseguir a primeira renda interesante para o Amfiv (23-17, min.15). Non obstante, apareceu unha baza inesperada por parte malagueña xa que o veteranísimo Antonio Henares asumiu o peso ofensivo do seu equipo para evitar non só que o choque rompese senón mesmo para poñer os seus por diante (25-26, min.18). O encontro volvía á igualdade inicial e ao descanso chegábase con todo por decidir.

Despois do intermedio, o conxunto de César Iglesias regresaron á pista do Martín Carpena disposto a non sufrir ata o último instante e abría outra pequena brecha no electrónico (38-32, min.24). Un triplo de Tahti encargábase de evitalo aínda que os vigueses porfiaban no seu intento por sentenciar canto antes a súa terceira posición (42-35, min.25). Non obstante, o Clínica Rincón Amivel non estaba pola labora. Romeiro, Vargas e Amora lograban un parcial de 0-6 que deixaba as cousas como antes (42-41, min.28) e todo por decidir nos dez últimos minutos (43-43, min. 30).

A tensión era máxima polo moito que había en xogo. Os malagueños buscaban o partido cunha defensa presionante que, de inicio, se lle atragoou ao Amfiv (45-48, min.32). Pero catro puntos consecutivos de Vilas e o primeiro triplo do partido de Envó daban osíxeno aos vigueses (52-48, min.34). Iso si, co apoio da súa afección, o anfitrión desta Copa non baixaba os brazos, respondendo a cada intento do seu rival. Vargas freaba o parcial (52-50). Lorenzo incidía na ferida con outro triplo aínda que Mora a pechaba con dous tiros libres (55-52, min.35). As forzas empezaban a escasear. Pero o Amfiv soubo apertar os dentes e dar un último e decisivo empuxón ante o que xa si que non tivo resposta o Amivel. Con 57-54 no marcador e tres minutos e medio por xogarse, un tiro de Berni e unha canastra de Txema iniciaban o decisivo parcial que pechou o encontro. Tahti esgotou a última opción malagueña (61-56) antes do 9-0 co que os pupilos de César Iglesias finalizaron a súa participación nesta Copa do Rei e aseguraron o seu terceiro posto.

AMFIV - CLÍNICA RINCÓN AMIVEL   70-56
AMFIV: Julio Vilas (8), Berni Costas (15), Filipe Carneiro (-), Lorenzo Envó (22), Txema Avendaño (15) -cinco inicial-, Nick Radovich (8), Vicky Alonso (2) e Santi Comesaña (-).
CLÍNICA RINCÓN AMIVEL: Leo Pekka Tahti (12), Álvaro Mora (12), Francis Sánchez (-), Jesús Romero (7), Vargas (16) -cinco inicial-, Henares (7), Trujillo (-), Francisco Ruiz (-), Lakniz (-), Antoñito (-) e Francis López (2).
PARCIAIS: 13-15, 29-27 (descanso), 43-43 e 70-56 (final).
ÁRBITROS: Clara Baquero, Samuel Esquerdo e Evaristo Solorzano. Excluíron por cinco faltas persoais a Filipe Carneiro (min.35).
INCIDENCIAS: Encontro correspondente ao partido polo terceiro e cuarto posto da Copa do Rei disputado no Pavillón Martín Carpena de Málaga.